Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.
PROGRAMA PEP Potenciación Espacial de Percepción
Sensacións intensas
Vivir experiencias elevadas
Perdernos en lugares sen límites
Encontrarnos con nós mesmos
Todo isto é posible co novo Programa de Percepción Espacial de ComfortWord
PEP é un Programa de ComfortWord que ten como obxectivo a transformación de espazos expositivos en lugares de percepción intensa.
ComfortWord considera que as experiencias artísticas de creación abren vías de experiencia non exploradas en profundidade, e que son de grande utilidade para acceder aos nosos máis simples e profundos sentimentos.
CLÍNICA DE PERCEPCIÓN
A través do programa PEP, cada lugar pode ser transformado para vivir unha sensación intensa. Cada lugar presenta unhas características especiais que debemos buscar con atención para así poder potencialas, PEP de ComfortWorld ofréceche esta posibilidade.
Os especialistas en psicoespazo de ComfortWord fan unha valoración exhaustiva do lugar ofertado, ven con total atención as posibilidades que presenta para construír para ti unha sensación.
Innovación
A súa grande innovación reside en incorporar os espazos do medio artístico como Clínicas de Percepción.
Indicacións
O programa PEP pode ser aplicado a calquera tipo de lugar, de ámbito público ou privado, intervencións temporais ou permanentes.
De interese
Ao darlles forma espacial real ás emocións, pode producirse unha alteración na sensibilidade perceptiva do usuario. Por isto recomendamos que se sigan as indicacións da clínica.
CLÍNICA DE PERCEPCIÓN, PROCESO VITAL DE EXPANSIÓN-CONTRACCIÓN
1 CABINAS DEPURADORAS
Antes de iniciar un proceso sensible, é necesario que o corpo pase por unha fase de adaptación perceptiva, para así prepararse e aproveitar en profundidade a intensidade perceptiva.
2 SALA DE EXPANSIÓN
Sinte a expansión do teu corpo, deixa que cada poro da súa pel se abra, respira profundamente mentres o teu sangue flúe pracenteiramente regando as túas veas.
3 SALA DE CONTRACCIÓN
O corpo contráese, sente como o teu interior se encolle, diminúe, non te resistas a estas sensacións de convulsión interior.
Volve pola sala de expansión, expande o teu corpo. Utiliza novamente as Cabinas depuradoras antes de deixar a clínica.