Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.
Aplicación do programa PEP á sala de exposicións temporais do Museo Provincial de Lugo.
Tras analizar o espazo ofertado como medio expositivo, decido crear un chan cor de carne rosada, mantendo as paredes brancas. O espectador poderá pisar a carne rosada e esta será o medio para a visualización carnosa das obras expostas. Sobresae unha superficie, mesa, cama, tumba, peana, que lle dá á cor carne rosada unha dimensión arquitectónica. O espectador que entre neste espazo poderá tomar unha dimensión arquitectónica da carnalidade. Localizar no seu corpo a cor de carne rosada.
A segunda sala, a que será a sala que conteña a Angustia Fría e Angustia Quente, será unha burbulla cor de carne triste. O espectador ten a posibilidade de sentir esta cor e contrastala no seu corpo.