Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Programa PEP

Programa PEP - Potenciación Espacial de Percepción

Sensacións intensas
Vivir experiencias elevadas
Perdernos en lugares sen límites
Encontrarnos con nós mesmos
Todo esto é posible co novo Programa de Potenciación Espacial de Percepción de ComfortWorld

A través do programa PEP cada lugar pode ser transformado para vivir unha sensación intensa. Cada lugar presenta unhas características especiais que debemos buscar con atención para así poder potencialas, PEP de ComfortWorld ofréceche esta posibilidade.
Os especialistas en psicoespacio de ComfortWorld fan unha valoración exhaustiva do lugar ofertado, ven con total atención as posibilidades que presenta para construír para ti unha sensación.

INNOVACIÓN
A súa gran innovación reside en incorporar os espacios do medio artístico como lugares de percepción intensa.

INDICACIÓNS
O programa PEP pode ser aplicado a calquera tipo de lugar, de ámbito público ou privado, intervencións temporais ou permanentes.

DE INTERESE
Ao dar forma espacial real ás emocións pode producirse unha alteración na sensibilidade perceptiva do usuario. Por esto recomendamos que se sigan as indicacións de uso.


PEP é un Programa de ComfortWorld que ten como obxectivo a transformación de espacios expositivos existentes en lugares de percepción intensa.

Que ten de novo?
ComfortWorld considera que as experiencias artísticas, de creación, abren vías de experiencia non exploradas en profundidade, e que son de gran utilidade para acceder aos nosos máis simples e profundos sentimentos.

Cada lugar ofertado para ser transformado ten unhas características que o fan único.

Duración do Programa: 2002 - 2010
 
Programa  PEP              Potenciación Espacial de Percepción

Sensacións intensas
Vivir experiencias diferentes
Entrar en lugares sensiblemente perceptivos
Encontrarnos con nós mesmos
Todo esto é posible co programa de Potenciación Espacial de Percepción

A través do programa PEP cada lugar pode ser transformado para vivir unha sensación intensa. Cada lugar presenta unhas características especiais que debemos buscar con atención para así poder potencialas, PEP ofrécenos esta posibilidade.
Como especialista en Psicoespacio fago unha valoración exhaustiva do lugar ofertado, vexo con total atención as posibilidades que presenta para construír para ti unha sensación.

INNOVACIÓN
A súa gran innovación reside en incorporar os espacios do medio artístico como lugares de percepción intensa.

INDICACIÓNS
O programa PEP pode ser aplicado a calquera tipo de lugar, de ámbito público ou privado, intervencións temporais ou permanentes.

DE INTERESE
Ao dar forma espacial real ás emocións pode producirse unha alteración na sensibilidade perceptiva do usuario. Por esto che recomendo que sigas as indicacións de uso.


PEP é un Programa que ten como obxectivo a transformación de espacios expositivos existentes en lugares de percepción intensa.
Que ten de novo?
as experiencias artísticas, de creación, abren vías de experiencia non exploradas en profundidade, e que son de gran utilidade para acceder aos nosos máis simples e profundos sentimentos.
Cada lugar ofertado para ser transformado ten unhas características que o fan único.

Inicio programa: 2011