Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Angustia Branca

Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.

ritaglioDSC_0025.jpg
DSC_0004.jpg
mDSC_0065.jpg
DSC_0087.jpg
 

A angustia é un estado de desasosego psíquico que experimentamos cando sen motivo nos preocupamos en exceso pola posibilidade de que nos ocorra algo temido, sobre o que non temos control, e que, no caso de que aconteza, consideraremos terrible.

As crises de angustia provocan un gran malestar, modificando fortemente a percepción sensorial e a do noso corpo no contorno. O medo intenso que sentimos acompáñase de moitos dos síntomas somáticos e cognitivos da ansiedade:

Palpitacións, sensación de afogo ou falta de alento, opresión, malestar torácico, náuseas, inestabilidade, mareo ou desmaio, sensación de desrealización –irrealidade– ou despersonalización –medo a perder o control ou a volverse tolo, medo a morrer, acompañado de calafríos e sufocacións–.

ANGUSTIA BRANCA

A preocupación que desencadea a angustia é totalmente persoal, cada persoa xera e vive a súa propia angustia.

Con Angustia Branca cada persoa ten carta branca para imaxinar e vivir a súa propia angustia. Isto pode ser algo terrible polo nivel de imaxinación que podemos acadar, todo é posible.

Angustia Branca son dúas caixas-cabinas-ataúdes de cor branca e forma ondulada. Serán sempre instaladas nun espazo branco, unha en fronte da outra. Cando a persoa entre nunha caixa terá en fronte a outra caixa que lle servirá de reflexo do espazo que ocupa.

Angustia Branca preséntalle ao cliente a posibilidade de vivir a angustia na vida, pero preséntalle tamén a posibilidade de continuar a angustia na morte.


INDICACIÓN:

Estimulación de todo tipo de angustia.