Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Angustia Fría-Angustia Quente


Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.

_MG_8526.jpg
_MG_8594.jpg
_MG_9309.jpg
_MG_9313.jpg
_MG_9311.jpg
_MG_9316.jpg
_MG_9315.jpg
 

ANGUSTIA
A angustia é un estado de desasosego psíquico que experimentamos cando sen motivo nos preocupamos en exceso pola posibilidade de que nos ocorra algo temido, sobre o que non temos control, e que, no caso de que aconteza, consideraremos terrible.

As crises de angustia provocan un gran malestar, modificando fortemente a percepción sensorial e a do noso  corpo no contorno. O medo intenso que sentimos acompáñase de moitos dos síntomas somáticos e cognitivos da ansiedade:

Palpitacións, sensación de afogo ou falta de alento, opresión, malestar torácico, náuseas, inestabilidade, mareo ou desmaio, sensación de desrealización –irrealidade- ou despersonalización –medo a perder o control ou a volverse tolo, medo a morrer, acompañado de calafríos e sufocacións–.
Vivindo na angustia teño identificado dous tipos: a Fría e a Quente. Quixen darlles forma para compartilas contigo:


ANGUSTIA FRÍA, identifícoa co medo ao futuro, ao enorme, ao descoñecido, ao infinito. Invade a totalidade do corpo e déixao desprotexido fronte á inmensidade. É gris, cor Carne de Angustia Fría.
Está inspirada en experiencias do frío: A vida en Oslo, o Ex-presidio de Ushuaia, a navegación polo Parque Nacional dos Glaciares no Calafate,  NordKapp en Noruega.


ANGUSTIA QUENTE, identifícoa co medo ao coñecido, ao concreto, ao vivido como terrible. Os seus puntos de concentración sitúanse nas entrañas. É laranxa, cor de Carne Angustiada Quente.
Está inspirada nas experiencias de calor:  A vida en Sao Paulo e Río de Xaneiro (podes deixalas así São Paulo ou Rio de Janeiro), deserto do Sáhara (así na Universidade da Coruña) no sur de Tunes, a area vermella do deserto, o sol.


Hoxe podes entrar na angustia.
Estás nun espazo de Cor de Carne Triste
Achégate ás esquinas, onde están as pezas de frío e calor. Permanece no seu interior polo menos 3 minutos, ata que o frío e a calor se fagan sensibles na túa cara, a túa caluga e as túas mans. Toca a súa superficie.