Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Máquinas de Frío

Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.

2-frio-scq-006.jpg
2-frio-scq-008.jpg
2-frio-scq-010.jpg
2-frio-scq-020.jpg
frio-scq-011.jpg
2-frio-scq-023.jpg
2-frio-scq-026.jpg
 

 

Dende 2006, o campo de investigación de Monica Alonso é a temperatura e a incidencia que as súas variacións poden causar na psique humana, mostrando particular atención ás manifestacións artísticas derivadas da calor e do frío. Tendo en conta a teoría de Emile Durkheim no seu libro El suicidio. Estudio de sociología (1897), segundo o cal as temperaturas extremas favorecen a alienación mental.

A temperatura é, xunto coa comida, a bebida, o sexo, o xogo e o sono, un deses praceres primitivos do ser humano que garanten a súa supervivencia. Alterando estes incidimos sobre o seu máis primario equilibrio. As temperaturas extremas, calquera que sexan, favorecen a alienación mental. O contraste da temperatura das estacións preséntase como un dos factores cósmicos que incide no desequilibrio mental.

As Máquinas de Frío son unha investigación sobre a psicoloxía do frío, que nos leva á morte, pero tamén conservan a vida, que describe o estado emocional da frialdade, do indiferente. Unha presentación das cores do frío, os azuis, os brancos, os negros, os grises, o azul eléctrico dos glaciares. A consideración do ambiente total, frío exterior, frío interior, dobremente desagradable.

Frío, Calafrío, Frialdade son carcasas modeladas en esquina que agardan a presenza humana para enviarlle aire frío directamente á caluga, á cara, á columna vertebral, e provocar o calafrío.
Calafrío, Frialdade son superficies frías que se condensan a estado líquido, presentando a friaxe no vivo.


INDICACIÓN: As Máquinas de Frío están indicadas para estimular estados emocionais adversos que nos leven a experimentar sentimentos molestos asociados ao frío. As Máquinas de Frío pódense usar tanto en lugares de frío como en lugares de calor, aínda que o seu efecto óptimo se acada cando o ambiente que as rodea é frío.