Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Angustia de Viaxe

Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.

angustia-de-viaxe.jpg
_MG_9282.jpg
_MG_9281.jpg
_MG_9280.jpg
 

 

A viaxe foi dende sempre unha necesidade de coñecemento para o ser humano, que busca ampliar horizontes que satisfagan a súa curiosidade. Na actualidade, a posibilidade de iniciar viaxe é inmediata e as ofertas ilimitadas.

Hoxe  ofrézoche a posibilidade de viaxar coa angustia.

Tres Espazos de Dormitorio nunha maleta Cor Carne Viva
ANGUSTIA FRÍA                                ANGUSTIA QUENTE                            AMOR  ANTÍDOTO


ANGUSTIA FRÍA: Estimulador de crises de angustia efecto frío. Ideal para utilizar en lugares fríos e frío extremo.
Provoca medo ao futuro, á inmensidade, ao non coñecido, ao infinito. Invade a totalidade do corpo e déixao desprotexido fronte á inmensidade.
ANGUSTIA QUENTE: Estimulador de crises de angustia efecto calor. Ideal para utilizar en lugares cálidos e calor extrema.
Provoca medo ao coñecido, ao concreto, ao vivido ou imaxinado como terrible. Os seus puntos de concentración sitúanse nas entrañas, especialmente no estómago e no corazón.
AMOR: Antídoto contra as crises de angustia.

Como usala:
Viaxa ao lugar elixido, preferentemente só, alóxate nun hotel.
A estimulación prodúcese en fase onírica. Antes de durmir, coloca a angustia que queiras excitar preto de ti, na mesiña de noite, no chan, debaixo da cama, durmindo con ela. Elixe o punto da habitación de hotel que che resulte máis próximo mentalmente. Ao longo dos días que elixas, o dormitorio que concentra a angustia será o teu dormitorio real. Mentres durmas, a angustia farase presente, instalarase no teu interior para así poder vivila. Ao longo do día percorre os lugares que visites seguindo as túas preferencias de viaxe.

Angustia de viaxe é unha experiencia única para cada viaxeiro.

Indicacións:
Provocar desequilibrio emocional, necesario nalgunhas ocasiones para acadar parcelas recónditas do noso interior. Especialmente indicada en momentos de dúbidas existenciais.