Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Desequilibrio de Viaxe

Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.

mDSC_0113.jpg
scq-127.jpg
 

 

A viaxe foi dende sempre unha necesidade de coñecemento para o ser humano, que busca ampliar horizontes que satisfagan a súa curiosidade. Na actualidade, a posibilidade de iniciar viaxe é  inmediata e as ofertas ilimitadas.


Hoxe ofrézoche a posibilidade de viaxar co des-equilibrio

Dous modelos de cama nunha maleta Cor Carne Viva

Cama equilibrio: cama azul ceo con referencia á forma de berce. Balancín que arrola o sono e nos remite aos protectores soños da infancia. Cama activadora de soños en equilibrio, harmónicos, que estruturan a nosa estabilidade interior.


Cama desequilibrio: cama amarelo loucura. A cama do adulto con balancín no lateral. Este movemento arrola o sono nun descanso ondulante, mareante, imposible. Cama activadora de soños en desequilibrio, que alteran a nosa estabilidade interior.
As dúas camas forman un conxunto de percepción: a posesión das dúas permite imaxinar o descanso na outra e combinar a sensación de desequilibrio durmindo no equilibrio e viceversa. O descanso entre as dúas propicia a construción dun estado intermedio que esperta a actividade produtiva do noso interior.

Como usalas:
Inicia unha viaxe, preferentemente só, alóxate nun hotel.
Utiliza a cama do cuarto do hotel como medio real para a aplicación da terapia. Saca as camas da maleta, familiarízate co seu movemento. Déitate na cama do hotel e visualiza os puntos apropiados para colocar as camas nun lugar accesible mentalmente. Coloca as camas. Tamén podes deixalas na maleta en modo de estimulación controlada. Cando decidas, déitate na cama do hotel e inicia o sono mentres miras as camas e imaxinas a túa posición nelas. Durme. Repite este proceso todas as noites que dure a viaxe. Ao longo do día, percorre os lugares que teñas decidido visitar seguindo as túas preferencias de viaxe.

Des-equilibrio de viaxe é unha experiencia única para cada viaxeiro

Indicacións:
Provocar des-equilibrio emocional, necesario nalgunhas ocasións para acadar parcelas recónditas do noso interior. Especialmente indicada en momentos de dúbidas existenciais.