Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Cápsulas TI


Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.

capsula-TI-1.jpg
capsula-TI-2.jpg
capsula-TI-3.jpg
capsula-TI-4.jpg
 


entra en TI
Quero introducirte en TI, a túa Terapia totalmente Individual. Propóñoche que ti deseñes o teu propio Espazo Terapéutico segundo as túas preferencias e necesidades, atendendo a un rigoroso cuestionario que combina psicoloxía e cor.
TI é o primeiro Produto Terapéutico que pode ser deseñado polo seu usuario converténdose así no teu perfecto lugar de evasión.
TI funciona como un complexo hoteleiro de benestar en propiedade, un lugar ideal no que realizar todos os teus desexos. Todo isto é posible grazas ao control total que exerces sobre o teu TI: deseño personalizado e propiedade.

O modelo TI é unha unidade de habitación a escala que combina percorrido depurador (1), cama en dormitorio terapéutico (2) e unidade de aseo con pequena piscina de acceso directo dende o dormitorio (3). Idealmente deseñado para unha Terapia Individual a través do seu total illamento.
O punto de Terapia localízase na cama centrada no espazo do dormitorio. Ti escolles a cor da cama e do espazo dormitorio e mantés o percorrido depurador verde e a unidade de aseo.

Como usalo?
TI é un lugar real ao que accedes mentalmente. Pensa que lugar ocuparía no teu espazo vital para que o efecto terapéutico sexa pleno.

Ao ser creado e adquirido por ti, entra a formar parte da túa vida. O seu avanzado deseño e o seu reducido tamaño fano ideal para o acceso mental: Podes usalo sempre que queiras, só tes que lembralo, xa que TI está instalado na túa memoria.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Cubre o seguinte cuestionario para que poidamos construír o teu TI. O cuestionario consta de dúas partes: analizar a túa situación persoal e escoller as cores. Se consideras demasiado persoais as preguntas da primeira parte, podes non contestalas e pasar directamente á elección das cores. Non obstante, debo dicirche que a información da primeira parte é moi importante para combinar eficazmente situación persoal e cor.

 

CUESTIONARIO TI