Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Terapia Dormitorio

O noso dormitorio é un espazo moi importante na nosa vida, nel pasamos as horas de sono, neste tempo necesitamos estar seguros de que nada nin ninguén aproveitará a nosa vulnerabilidade. Todos temos o que consideramos o noso dormitorio e ao que volvemos para sentirnos seguros na nosa cama.

A cama é o punto central do dormitorio e aglutina unha gran carga simbólica, non só nos recolle para durmir, é o medio para o mundo onírico e do subconsciente; é o lugar do descanso, o relax, o sexo, pero tamén da enfermidade.

Son varios os dormitorios e as camas que temos ocupado ao longo da nosa vida e probablemente existe un que consideras o TEU dormitorio, por enriba dos demais. Depende tamén do momento vital no que nos encontremos.

Tendo en conta a grande importancia do espazo do dormitorio na nosa vida coa súa incidencia física e psíquica, da súa correcta harmonía depende tamén gran parte do noso benestar.
TD é útil na resolución de posibles conflitos psíquicos que poidan ser provocados por malas configuracións espaciais dos dormitorios que ocupamos. Permite coñecernos mellor sobre os nosos gustos e necesidades habitacionais, conectar co estado onírico e o noso subconsciente. TD pode ser utilizada tamén en procesos de insomnio ou hipersomnio.

Como complemento, podes realizar tamén Terapia Cuarto da Infancia

Cuestionarios:
-Cuestionario Base

 

CUESTIONARIO TD