O noso dormitorio é un espazo moi importante na nosa vida, nel pasamos as horas de sono, neste tempo necesitamos estar seguros de que nada nin ninguén aproveitará a nosa vulnerabilidade. Todos temos o que consideramos o noso dormitorio e ao que volvemos cada noite para sentirnos seguros na nosa cama. A cama é o punto central do dormitorio e aglutina
unha gran carga simbólica, non só nos recolle para durmir, é o medio para o mundo onírico e do subconsciente; é o lugar do descanso, o relax, o sexo, pero tamén da enfermidade.
Tendo en conta a gran importancia do espazo do dormitorio na nosa vida coa súa incidencia física e psíquica, da súa correcta harmonía depende tamén gran parte do noso benestar. O gran
dominio que o deseño do espazo arquitectónico exerce sobre as nosas vidas fai que a súa configuración non se corresponda en moitos casos coas nosas necesidades.
TDA está especialmente deseñada para resolver calquera problema que consideramos depende da configuración do teu dormitorio actual. Si incidimos sobre el estaremos incidindo no noso
benestar. TDA pode ser tamén utilizada en procesos de insomnio o hipersomnio.
Como complemento podes realizar tamén Terapia Habitación da Infancia
TDA ofrece 3 posibilidades de traballo:
1 - Coñecerte mellor a ti mesmo e o dormitorio que ocupas.
2 - Construír unha maqueta a escala do teu dormitorio para que tu a poidas modificar e realizar acceso mental.
3 - Transformar de forma directa o teu dormitorio para que responda as túas necesidades.
Capsula TI (Terapia Individuale)